Sindicatos policiais denuncian abusos de poder nalgúns concellos galegos

conflitopolinoia.jpgNOIA> Puxeron como exemplo de incumprimento da Lei de Policias Locais ao concello de Noia por o nomeamento irregular da nova xefatura.

Representantes dos sindicatos policiais e integrantes da Asociación de Xefes do Corpo e Mandos da Policia Local de Galicia, (AXEMPOL) estiveron en Noia para denunciar os reiterados abusos de poder por parte dos alcaldes dalgúns municipios galegos. Escolleron o concello noiés por ser un claro exemplo destas vulneracións da legalidade vixente.

A Xunta de Galicia vén de notificar ao alcalde de Noia a improcedencia do nomeamento de Francisco Fernández Arufe como novo xefe da policia local, ao ser contrario a Lei de Coordinación de Policias Locais. Este cargo debería estar ocupado por Manuel González Agra, por ser o axente de maior rango do corpo neste municipio.

{flowplayer}barbanza/conflitopolinoia.flv{/flowplayer}

A Comisión de Coordinación de Policias Locais, órgano no que está representado a Xunta, os sindicatos e a Federación de Municipios decidiu por unanimidade dar aviso a alcaldía noiesa para que repuxera no menor tempo a situación co fin de cumprir coa normativa.

Creación dun precedente

Para os integrantes da asociación e os sindicatos policiais esta decisión establece un precedente moi importante, dado que evitará que no futuro se sigan cometendo este abusos de poder. A súa intención e remitir o escrito da Dirección Xeral de Interior a todos os concellos galegos.

Pola súa banda, Manuel González Agra, inspector da policia local de Noia asegurou que el nunca foi cesado no tempo que estivo na xefatura e o novo nomeamento tan só se debe a un “capricho” do alcalde. Asemade, tivo duras verbas para o actual xefe da policia local, ao dubidar da súa integridade profesional por aceptar un nomeamento irregular. 

Con todo, non descarta mesmo iniciar unha denuncia por via penal, posto o nomeamento de Francisco Fernández Arufe pode ser constitutivo dun delito de prevaricación.

Redacción Barbanza