As Miñoteiras organizará un torneo de padel na Semana Santa

RIBEIRA> A Asociación As Miñoteiras, en colaboración co concello de Deportes de Ribeira, organiza para os días 17 e 18 de abril, coincidindo coa festividade de Xoves e Venres Santo, o primeiro Trofeo Primavera de Padel. A competición, que se desenvolverá no Centro de Raqueta Santa Uxía de Coroso, estará limitada a 24 ou 32 parellas. As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro martes 15, nas oficinas do departamento de Deportes de Ribeira. O prezo será de 10 € por parella, a ingresar no número de conta do club As Miñoteiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí