O PP boirés solicita o arranxo de varios camiños e da alameda de Exipto

    ppmellorasexipto_100_180809.jpgBOIRO> Os populares fanse eco así das continuas queixas dos veciños deste lugar.

    {flowplayer}barbanza/ppmellorasexipto.flv{/flowplayer}

    O voceiro do PP boirés, Xoán Xosé Dieste, pon como exemplo desta situación á estrada local que comunica os núcleos de Seán con Exipto polo campo da festa, así como amén varias rúas deste último núcleo a carón da alameda.

    Queixas veciñais

    Segundo Xoán Xosé Dieste os veciños están fartos de reclamar no concello o seu arranxo, pero a situación a día de hoxe segue a ser lamentable, con numerosos baches e socavóns. Os populares fanse eco tamén do malestar veciñal existente polas condicións nas que se atopam as instalacións do parque de Exipto. Segundo o voceiro do PP boirés provocado pola falla de mantemento por parte do Concello.

    Proxecto humanización

    Dende o PP boirés propón tamén a elaboración din proxecto de humanización e mellora estética do entorno da capela da virxe de Exipto e das rúas adxacentes cun empedrado axeitado que permita o acceso rodado dos veciños ás súas vivendas.

    Redacción Barbanza