Buscan a un veciño de Esteiro desaparecido na zona de Uía

    MUROS> Continúa sen éxito a busca dun veciño de Esteiro desaparecido dende a pasada tarde. Juan Rodríguez Caamaño foi visto por última vez na zona de Uía. O home, de sesenta anos, padece demencia polo que podería terse desorientado.

    Juan Rodríguez Caamaño, de sesenta anos, falta do seu domicilio da parroquia muradá de Esteiro dende o martes pola tarde. Os familiares do home deron a voz de alarma ós servizos de emerxencia tras ser alertados por uns veciños da zona que o viron camiñando, algo desorientado, nas inmediacións do hotel Punta Uía.

    Dende entón despregouse un amplo dispositivo de busca, coordinado pola Garda Civil e o Grupo de Emerxencias supramunicipal de Muros. Á busca por terra sumouse tamén un helicóptero que inspecciona dende o aire posto que se trata dunha superficie moi ampla.

    Ata o momento, o único rastro que se atopou do home foron as súas zapatillas nas inmediacións dun regato. Os efectivos de busca permaneceron na zona ata última hora da tarde e retomarán as tarefas de rastrexo en canto amenza.