A Xunta comproba cun simulacro os seus servizos de prevención

    simulacro_xunta100.jpgPONTEVEDRA> Un incendio na planta cuarta fixo saltar esta mañá a alarma no edificio da Xunta en Pontevedra. Pero afortunadamente, foi un simulacro.

    {flowplayer}images/salnes/simulacro_xunta.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Eras as nove e media da mañá cando soaron as alarmas no edificio administrativo da Xunta, en Pontevedra por mor dun incendio na planta cuarta.

    De inmediato, o milleiro de funcionarios que se atopaban no interior e máis os douscentos veciños que acudiran a facer as súas xestións, foron saíndo ordenadamente polas escaleiras ata deixar completamente baleiro o edificio. Afortunadamente todo se trataba dun simulacro e en 9 minutos todos estaban a salvo. O delegado territorial José Manuel Cores Tourís tamén estaba no interior, desde a novena planta conseguiu saír en catro minutos.

    Para este simulacro contouse coa colaboración dos Bombeiros de Pontevedra, que chegaron en seis minutos. Encargáronse de apagar o incendio e de socorrer a un suposto ferido. Para iso tiveron que baixalo ó terceiro piso e evacualo desde a terraza cun camión escaleira. As ambulancias do 061, e as policías local, nacional e autonómica tamén colaboraron neste simulacro.

    Ó ser o primeiro, optouse por formar ós traballadores. Para os vindeiros simulacros xa non se avisará ós funcionarios.

    Redacción Salnés