![]()
BARBANZA> As mancomunidades de Arousa Norte e O Salnés uníronse para conformar o xeodestino Rías Baixas – Ría de Arousa.
{flowplayer}barbanza/xeodestinoriasbaixas.flv{/flowplayer}
O acto de sinatura do convenio entre as dúas mancomunidades e a Secretaría Xeral para o Turismo tivo lugar a bordo dun catamarán coa ría de Arousa como marco excepcional.
E que precisamente é a ría o nexo común das dúas comarcas que a partir de agora inician unha andadura conxunta para a promoción turística e cultural dos concellos que as integran.
Entre os principais eixos de actuación destaca a promoción da ruta mar de Arousa e Ulla, o desenvolvemento do turismo ornitolóxico ou o fomento do transporte marítimo entre as dúas ribeiras.
O convenio tamén contempla unha aposta decidida pola potenciación das novas tecnoloxías na información turística e pola accesibilidade.
En total, investiranse douscentos vinte e catro mil euros na posta en marcha deste convenio, dos cales cada mancomunidade aportará vinte dous mil.
Redacción Barbanza






