Arquitectos de toda Galicia optarán a remodelar o poboado de Sálvora

    recuperacionsalvora_100_190809.jpgRIBEIRA> O Padroado do parque das Illas Atlánticas convocará un concurso para levar a cabo a rehabilitación da aldea e o pazo da Illa de Sálvora.

    {flowplayer}barbanza/recuperacionsalvora.flv{/flowplayer}

    A illa de Sálvora, integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas, recuperará o seu pequeno asentamento, que na actualidade se atopa en ruínas logo de que os derradeiros habitantes abandonaran a illa na década dos anos setenta.

    O presidente do Padroado do Parque, Fernando Garrido adiantou que este outono está previsto convocar un concurso no que se invitará a participar aos “arquitectos máis prestixiosos de Galicia” co fin de elaborar un proxecto de restauración da aldea e do pazo.

    Garrido Valenzuela especificou que o plan de rehabilitación pretende ser integral, asequible económicamente, e cun obxectivo claro de manter a esencia das edificacións. Por tal motivo, o máximo responsable do Parque non se atreveu a dar datas, pero si dixo que o proxecto se realizará sen correr o risco de facer un mal deseño e evitando que, ao final, a aldea se arranxe a base de “parches”.

    O asentamento de Sálvora consta de oito vivendas de principios do pasado século e un pazo, construído orixinariamente como unha fábrica de salazón. Ao seu carón emprázase unha pequena capela, que se conserva en mellor estado que as vivendas dos antigos colonos.

    Restricción das visitas

    Fernando Garrido lembrou que a illa de Sálvora é a menos humanizada do parque e que no futuro deberá seguir manténdose así. Neste sentido, engadiu que se restrinxirán as visitas, que será exclusivamente guiadas, ao contrario do que acontece en outras illas do Parque como Cíes ou Ons.

    Ademáis, dixo, estase traballando na recuperación da zona dunar da illa e na eliminación de especies invasoras tanto na fauna como na flora.

    Redacción Barbanza