O PSOE solicita que se abra ó público o pazo de Torre Xunqueiras

    lagetorrexunqueiras_100_190809.jpgPOBRA> O grupo parlamentario do PSOE presentará unha Proposición Non de Lei instando á Xunta a que faga cumprir a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

    {flowplayer}barbanza/lagetorrexunqueiras.flv{/flowplayer}

    A lei do Patrimonio Cultural de Galicia, aprobada en 1995, establece a obrigatoriedade de abrir ó público durante determinados días ó mes aquelas construcións declaradas como Ben de Interese Cultural.

    Sen embargo, os socialistas denuncian que os propietarios do pazo Torre Xunqueiras, non están a cumprir coas súas obrigas legais. Ante as queixas recibidas, entre elas as dun colexio de Santiago, que a pesar de ter unha cita concertada atopou o pazo pechado, o PSOE decidiu trasladarlle a súa preocupación ó concello. Sen embargo, o executivo desbotou a moción presentada polo PSOE.

    Iniciativa parlamentaria

    Ante a solicitude dos membros da agrupación socialista da Pobra, o deputado autonómico, Xosé Manuel Lage, presentará unha proposición non de lei para o seu debate a partir do mes de setembro. No texto insta ó goberno galego a facer cumprir a legalidade con respecto a este tipo de construccións patrimoniais, de xeito que tódolos cidadáns poidan desfrutar destes espazos nos que se teñen investido fondos públicos para a súa restauración.

    Dende o PSOE apostan por impulsar un programa de difusión dos bens culturais así como por facer compatibles os dereitos dos lexítimos propietarios co interese xeral.

    Redacción Barbanza