O BNG di que hai un pre convenio asinado para o club de piragüismo

    bng_por_club_piraguismo_catoira100.jpgCATOIRA> O BNG respondeu ás acusacións realizadas polo alcalde, Alberto García, contra o bipartito pola reforma do club de piragüismo.

    {flowplayer}images/salnes/bng_por_club_piraguismo_catoira.flv{/flowplayer}

    CATOIRA> Esta mañá o BNG de Catoira realizou unha rolda de prensa para responder ás acusacións realizadas polo alcalde, Alberto García, onde acusaba de fraude á cidadanía ós membros do goberno do bipartito con referencia ó proxecto de arranxo do club de piragüismo As Torres.

    O portavoz municipal do BNG de Catoira, Fernando Casal, defendeu á que era directora xeral para o deporte, Marta Souto, que foi a destinataria destas acusacións. Fernando Casal quixo aclarar que a firma do proxecto non se levou a cabo con motivo dun pacto establecido polas forzas políticas do bipartito cando se produciu o cambio de goberno. Neste pacto establecíase a non firma de ningún convenio. Ante a imposibilidade desta sinatura, realizouse un pre convenio para facer constar as intencións do bipartito con respecto a este tema.

    Neste senso, o portavoz dos nacionalistas, cualificou de irresponsable a actitude do alcalde de Catoira ante o incumprimento do acordado establecido entre PSOE e BNG. Casal quixo recalcar que o proxecto está totalmente rematado, listo para a firma por parte do concello e da actual consellería de Cultura e Deporte. Tamén, afirmou que esta sinatura non se leva a cabo posto que non é de interese para o alcalde desembolsar os 140.000 euros que custa a obra, debido á precariedade económica que atravesa o concello.

    Redacción Salnés