AREVA celebra o Día sen Alcohol con cócteles sas

    VILAGARCÍA> Hoxe conmemórase o Día Mundial sen Alcohol. En Vilagarcía, a asociación Areva de alcohólicos rehabilitados, instalou unha mesa informativa na rúa Castelao onde ofreceu cócteles sen alcohol. Tamén deu información sobre os riscos do consumo abusivo desta substancia psicotrópica, que en España é legal e ademais socializada. O 15 de novembro é a data sinalada pola Organización Mundial da Saúde para alertar á poboación sobre as consecuencias negativas do consumo abusivo de alcohol. A asociación AREVA, Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcía, aproveitou este Día Mundial sen Alcohol para ofrecer cócteles sas e sen alcohol, e de paso, informar da súa actividade e dos riscos do abuso de bebidas alcohólicas, sobre todo cando se sabe que a idade de inicio do consumo de alcohol está por baixo dos 14 anos. Nemesio Portas fala con propiedade. El mesmo se presenta como enfermo alcohólico rehabilitado, e conta que leva 16 anos e uns meses sen probar alcohol. Comezou moi novo e pasados os 30 xa non se consideraba válido para a sociedade. O presidente de Areva lembra que o alcohol non só dana ó que o consume de xeito abusivo, tamén sofre, e moito, o seu entorno familiar. Areva leva de o 2004 desenvolvendo labores de rehabilitación e promoción dos enfermos alcohólicos, e de apoio ós seus familiares. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/15/DIA_SEN_ALCOHOL.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/15/DIA_SEN_ALCOHOL.mp4{/flowplayer}