VILAGARCIA> 18 traballadores de Cosenur preto de perder o seu emprego polo Ere que vai abrir a empresa. A compañía toma esta medida tras perder a concesión da recollida e eliminación dos residuos dos hospitais galegos. Dende a CIG denuncian que o Sergas escolleu a unha empresa que non conta cos traballadores e medios suficientes para desempeñar esta tarefa.
Dende o ano 2005, a empresa Consenur encárgase do tratamento e eliminación dos residuos hospitalarios de Galicia, pero este ano, a compañía perdeu a concesión deste servizo nun concurso gañado por Cespa. Dende a CIG denuncian que o Sergas non escolleu a empresa que mellor garantías ofrecía para cumprir con este servizo.
De feito, na actualidade, Cespa tivo que contratar a Consenur para poder xestionar o servizo.
A contratación remata este mes, o que suporá que Consenur non poderá dar cabida aos seus máis de 40 traballadores e abrirá un ERE a 18 empregados.
Dende a CIG consideran que ao continuar o servizo, os traballadores tamén deberían de continuar na Ute nova. Ademais tamén piden ao Sergas que revise as condicións da concesión e que se Cespa non pode manter o servizo que recupere a concesión Consenur antes de que 18 persoas queden sen emprego.