CAMBADOS> Cambados quere coñecer máis sobre a historia da illote de San Sadurniño. O videiro luns comezarán nese emblemático espazo unhas prospeccións arqueolóxicas, na procura de vestixios que aporten información sobre o seu pasado. Cos datos que se recompilen, crearanse dous paneis divulgativos que xa se van instalar este mesmo verán.
O illote de San Sadurniño agocha moitos enigmas da súa historia. Agora, o concello de Cambados quere botar luz sobre o seu pasado. Para iso, impulsa un proxecto arqueolóxico na procura de vestixios. As prospeccións van comeza-lo vindeiro luns, con tres actuacións concretas.
No concello teñen a esperanza de atopar algún tipo de resto que sirva para reconstruí-la historia deste emblemático espazo. Será a primeira vez que se vai facer unha sondaxe arqueolóxica na illa.
O camiño para chegar ata aquí non foi doado. Dada a relevancia patrimonial do espazo, para levar a cabo as catas arqueolóxicas houbo que sortear diferentes fases administrativas.
Os traballos prolongaranse durante dúas semanas. Con datos que se obteñan, crearanse dous paneis divulgativos. A intención é instalalos xa este mesmo verán para que aqueles que visiten San Sadurniño marchen para a casa cun bo recordo e coa maior cantidade de información posible.