A Garda Civil requisa cincuenta plantas de marihuana nunha parcela en A Pobra

    incautacionmarihuana_100_20082009.jpgA POBRA> Nas próximas horas está previsto que se produza algunha detención xa que as investigacións van moi avanzadas.

    Axentes da Garda Civil Pobra do Caramiñal procederon onte á incautación dun total de 50 plantas de marihuana nunha parcela de monte na zona do Xobre. Segundo informaron fontes do instituto armado polo de agora non se efectuou detención algunha, ainda que non se descarta que nas próximas horas poida realizarse algunha xa que as investigación van moi avanzadas.

    A situación de case total abandono que presentan a maioría das parcelas do monte supón un bo lugar para o cultivo deste tipo de plantas, ó tempo que os seus propietarios poden campar ás súas anchas sen levanta-las mínimas sospeitas por ninguén.

    {flowplayer}barbanza/incautacionmarihuana.flv{/flowplayer}

    Sen embargo nesta ocasión os axentes da Garda Civil pobresa, que levaban tempo con esta operación, lograron incautarse dunhas cincuenta plantas de marihuana. Despois de varios días de investigación e ante a posibilidade de que a operación fora ó traste debido a un posible desbroce da finca por parte do seu propietario, decidiron intervir.

    Dous metros de altura

    Polo de agora non se realizaron detencións, o que sí parece seguro, como vén sinalaban dende o cuartel pobrés é que o dono do terreo onde apareceron estas plantas non ten nada que ver co asunto. Segundo informaron fontes do propio instituto armado trátase dunha das incautacións de marihuana máis importantes das levadas a cabo nos últimos anos na comarca do Barbanza.

    As plantas ilegais, algunhas das cales se aproximaba ós dous metros de altura, poderían acadar un alto valor no mercado despois da súa comercialización Esa situación, ademais do perigo a que puideran ser comercializadas ou distribuídas polo municipio, provocou a urxente intervención. As cincuenta plantas de marihuana incautadas permanecen aínda nas dependencias da Garda Civil da Pobra do Caramiñal á espera de ser trasladadas á Delegación do Goberno á Coruña para seren destruídas.

    Redacción Barbanza