O PSOE do Barbanza busca candidato para Outes e Rianxo

    BARBANZA> O PSOE do Barbanza xa ten practicamente perfiladas as súas candidaturas para as próximas eleccións municipais. Tan só resta por designar o cabeza de lista de Outes e buscar un candidato en Rianxo tralo repentino falecemento de Carlos Gey. Esta fin de semana tiveron lugar a maioría das asembleas socialistas para designar ós seus candidatos no Barbanza. En Noia, única agrupación na que se celebraron primarias entre as dúas candidaturas presentadas, impúxose Miguel Paz, a opción proposta pola executiva, con corenta e cinco votos fronte ós vinte e cinco acadados polo seu rival, Bernabé Piñeiro. Tamén as agrupacións de Ribeira, Boiro e Porto do Son apostaron pola renovación con José Vilas, Manuel Maneiro e Josefa Hermo elixidos como alcaldables pola maioría da militancia. Na Pobra repetirá Teresa García, ó igual que en Lousame onde Julio Paradela seguirá como cabeza de cartel. E en Muros volverán apostar pola actual alcaldesa, Caridad González, única rexedora socialista na comarca. As únicas agrupacións que non contan aínda con candidato oficial son as de Outes, onde a crise interna que atravesa o partido está a dificultar a designación do cabeza de lista, e Rianxo que debe afrontar un novo proceso ante o repentino falecemento do seu candidato. O PSOE rianxeiro emitía hoxe mesmo un comunicado no que, ademais de agradecer as mostras de condolencia, comunica que xa está aberto o proceso para a elección dun novo candidato polo que fan unha chamada a afiliados e simpatizantes socialistas para participar no proxecto electoral. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/candidatospsoebarbanza2502151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/candidatospsoebarbanza250215.mp4{/flowplayer}