Máis de dous meses sen correspondencia

    queixascorreospazo_100_200110.jpgRIANXO> A pesar de que xa lle trasladaron en máis dunha ocasión as súas queixas á empresa, polo de agora aínda non obtiveron unha resposta satisfactoria.

    {flowplayer}barbanza/queixascorreospazo.flv{/flowplayer}

    Xa non saben a onde acudir. Levan dende o pasado mes de novembro sen recibi-la correspondencia nos seus fogares ou empresas. Unha situación esta que lles está a causar en moitos casos graves prexuízos. Nun primeiro momento dende Correos informóuselles de que o problema viña derivado do cambio de numeración. Un feito que negan taxantemente os propios veciños.

    Cansos de esperar por unha solución que non chega decidiron iniciar unha recollida de sinaturas. De non prosperar esta queixa non descartan emprender outro tipo de accións.

    O problema dos veciños do Pazo non é un caso aillado no concello, xa que existen tamén outras zonas que se queixan do mal funcionamento do servizo de Correos no municipio.

    Redacción Barbanza