Ribeira habilitará un centro de acollida temporal na antiga casa da cultura de Carreira

RIBEIRA> O concello creará un centro de acollida para persoas en situación de vulnerabilidade. Habilitarase na antiga casa da cultura de Carreira, con acceso dende a rúa do Outeiro. A actuación está financiado con Fondos FEDER, no marco do proxecto ‘Ribeira Atlántica’.

O concello de Ribeira vén de sacar a licitación a reforma e o acondicionamento da antiga casa da cultura de Carreira para convertela nun centro de acollida para persoas en situación de vulnerabilidade. A actuación, enmarcada no proxecto ‘Ribeira Atlántica’ contempla a habilitación de tres dormitorios, unha zona común, dous cuartos de baño e ademais unha pequena zona administrativa xa que se trata dun aloxamento temporal.

Actuarase tamén sobre a envolvente do inmoble coa instalación dun revestimento tipo SATE e un dosado interior que mellorarán notablemente o illamento co consecuente aforro enerxético. O orzamento da reforma ascende a 173 mil euros e o prazo de execución é de catro meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí