![]()
CAMBADOS> A proba desenvolverase nas inmediacións do paseo marítimo a partires das 18:00. Trátase dunha competición popular na que poden participar homes e mulleres de 11 anos en diante.
Cambados acollerá esta fin de semana e como cada verán o seu tradicional triatlon, que contará con esta, catorce edicións. A proba desenvolverase o sábado a partires das seis da tarde no paseo marítimo e a inscripción está aberta tanto a homes como a mulleres maiores de 11 anos.
A competición terá a súa base na illeta das Goritas e estará divida en dúas categorías. A categoría ‘A’ estará reservada a rapaces de entre 11 e 15 anos de idade, que deberán nadar 50 metros, rodar quilómetro e medio en bicicleta e correr sobre asfalto os derradeiros 500 metros ata a liña de meta.
A categoría ‘B’, para maiores de 16 anos, afrontará distancias máis duras. Un primeiro sector de natación de 250 metros, 6 quilómetros no tramo de ciclismo e para rematar 3.000 metros de carreira a pé.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Ademais, na dos maiores o gañador levarase 200 euros, 150€ o segundo, 100€ o terceiro e 50€ para o cuarto. As mesmas cantidades repartiranse nas probas masculinas e femeninas.
A organización prevé que acudan máis de 80 triatletas de clubes de toda Galicia. Xa hai inscritos participantes de OUrense, Cambre, Arteixo, Ferrol, Vigo, Lugo, Pontevedra ou A Coruña. A representación local será coma sempre moi numerosa e competitiva.
Redacción Salnés









