A Travesía a nado de Vilagarcía reunirá a 100 deportistas

travesia250_200809.jpgVILAGARCÍA> A Sala de Xuntas do Concello de Vilagarcía acolleu esta mañá a presentación da 27 edición da Travesía a nado Porto de Vilagarcía. A emblemática proba disputarase o sábado pola mañá e nela participarán preto dun centenar de nadadores, incluidos os defennsores do tíutlo.

A edil de deportes de Vilagarcía, Victoria Hierro, presentou esta mañá no concello a edición número 27 da Travesía a Nado Porto de Vilagarcía, un clásico xa dentro das competicións estivais.

Organizado polo Club Natación Vilagarcía e coa colaboración da Fundación Deportiva Municipal e a Autoridade Portuaria, a proba enmárcase dentro do Campionato Galego de Longa Distancia.

Os deportistas competirán en tres categorías diferentes: menores de 12 anos, que percorrerán 800 metros, e de 13 a 15 e maiores de 16, que farán 1.800. A día de hoxe confirmaron a súa presencia 70 nadadores e mañá rematará o prazo de inscripción, que aínda se pode realizar a través do fax do concello ou enviando un email á fundación de deportes. Con todo, polo seu caracter aberto e popular, admitiranse inscripcións de última hora a mesma mañá do sábado, antes da saída ás 11:30. Entre os que sí que estarán seguro, os gañadores dos últimos anos.

Os participantes deberán estar con tempo de antelación no lugar da proba. Este ano embarcarase nun bateeiro que será o lugar de saída, no medio da Ría.

Redacción Salnés