O Inelga recupera a súa mellor cara e dá a sorpresa en Santurce

baloncesto250vid_210108_001.jpgSALNÉS > Boa xornada para os equipos masculinos, xa que o Establecimientos Otero tamén gañou. Non se pode dicir o mesmo do Extrugasa que caeu con estrépito na súa visita ó Perfumerías Avenida.

O Extrugasa non puido remata-la primeira volta da competición con victoria tras caer por 93-61 ante o Perfumerías Avenida.

Mal partido das de Isaac Fernández que non estiveron acertadas en case nada; todo o contrario que as locais, que firmaron un espectacular 62% de acerto en tiros de campo. O encontro quedou sentenciado na primeira metade; as vilagarciáns fóronse perdendo por dez ó primeiro cuarto e vinte abaixo ó descanso. Só Kiesha Brown, con 17 puntos, estivo nos seus números habituais.

A derrota entraba dentro do previsto pero non desta maneira. De tódolos xeitos é entendible se se ten en conta que o equipo xogoue nos últimos quince días o seu pase á Copa da Raíña e ós oitavos de final da Eurocup. Por iso quizáis baixouse o nivel o sábado, víctimas do cansancio físico e moral.

Precisamente moral é o que colle o Inelga tras vencer por 68-70 ó Santurtzi, despois de que Villaronga anotase a canasta definitiva a nove segundos para o remate. Os de Juan Espiñeira chegaban á cancha do segundo clasificado no peor momento da temporada, pero saíron adiante. Os vilagarciáns firmaron un pobre 3/19 en triples pero da man de Amorós e Villaronga, que fixeron 40 puntos entre os dous, leváronse o triunfo.

Victoria tamén para o Establecimientos Otero, que desfíxose sen problemas do Drova Vigo por 72 -49. Os cambadeses continúan segundos na xeral seguindo a estela do líder Pabellón.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_210108.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés