A Consellería do Mar reparte semente de ameixa en Carril e Vilanova

    sembraameixa100.jpgVILAGARCÍA> A Compostela converteuse hoxe nunha pequena horta. As mariscadoras de Carril recibiu semente de ameixa xaponesa.

    {flowplayer}images/salnes/semente_ameixa.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O areal da Compostela converteuse hoxe nunha pequena horta. A agrupación de mariscadoras de Carril recibiu semente de ameixa procedente do minicriadeiro de Camariñas e doada pola Consellería do Mar, e esta mañá procedeu ó sementado das 400 mil unidades. Unha tarefa moi similar á que se fai na agricultura pero de xeito máis tradicional.

    A semente que botaron na Compostela ten catro meses de idade e mide entre 10 e 12 milímetros, unha talla idónea para o sementado, segundo os técnicos e as propias mariscadoras. As mariscadoras tamén están satisfeitas coa clase de ameixa que lle deron, a xaponesa. Non ten un prezo tan caro como a fina, pero é unha especie máis resistente.

    A Consellería do Mar tamén repartiu hoxe outras 400 mil unidades de semente de ameixa xaponesa en Vilanova, e outras 200 mil de babosa en Ponte Pasaxe, na Coruña. Todas proceden do minicriadeiro de Camariñas, xestionado por persoal formado no Igafa da Illa.

    Redacción Salnés