![]()
SANXENXO> Nesta III edición do DegustaTapas participan 26 establecementos con 61 tapas a concurso e que se poden degustar por 2 euros.
{flowplayer}images/salnes/PERCORRIDO_DEGUSTA_TAPAS_010612.flv{/flowplayer}
26 establecementos participantes, 61 tapas a concurso e un prazo de ata o 24 de xuño para gozar delas por só dous euros. Isto é a terceira edición do DegustaTapas de Sanxenxo que arrancou a semana pasada. Esta mañá a alcaldesa, Catalina González, visitou algúns destes locais xunto á edil de Turismo, representantes do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo e de Entretendas. Alí coñecimos que arrancou con bo pé.
Ante estes bos comezos, desde o concello agardan superalas cifras da edición pasada na que se serviron unhas 12.000 tapas. Ademais, este ano coma novidade atopamos o I Concurso de Coctelería Sanxenxo DegustaDrink no que participan doce establecementos con dezanove cócteles en total.
Ademais, os que degusten cando menos cinco tapas poderán votar para elixir a tapa máis tradicional e a máis creativa e participar así no sorteo de varias ceas e unha fin de semana nun aloxamento de Sanxenxo. O que pretenden con todo isto, sinalou a rexedora local, é consolidalo concurso no tempo.
Algunhas delas as puidemos degustar este mediodía no Mesón Restaurante Xerfa e en Casa Vella Gastrobar. Os seus propietarios nos relataron a súa experiencia nesta edición e as tapas que presentan a concurso.
Poden atopar máis información na páxina web www.turismodesanxenxo.com.
Redacción Salnés










