Corenta e catro prazas menos para a Escola de Música

    fotollovocopia.jpgVILAGARCÍA> Segundo Rocío Llovo limitar as prazas é imprescindible para facer viable o proxecto e seguir apostando por esta escola.

    {flowplayer}images/salnes/CambiosEscolaMusicaVilagarcia.flv{/flowplayer}

    Unha situación viciada que levaba anos sen ser revisada e que é preciso actualizar. Así se atopa segundo Rocío Llovo a Escola de Música de Vilagarcía, que precisa de cambios tanto no económico coma no organizativo para optimizar os recursos e garantir a súa viabilidade futura. Ata agora a matrícula abríase sen límite de prazas e unha vez pechada contratábase ós profesores necesarios, o problema xurdía cando unha vez feitas as contratacións, chegaban as baixas no alumnado.

    Corenta e nove baixas que se fan aínda máis preocupantes ó ter ó profesorado contratado en función dos alumnos. Agora, coa subida das taxas e o establecemento dun límite de prazas tanto para entrar como para cada instrumento, o que se agarda é, segundo a concelleira que se matriculen aqueles que de verdade queren aprender música.

    Así é que segundo Llovo é preciso levar a cabo unha optimización dos recursos para tratar de axustar as cifras e aforrar na medida do posible, o único xeito, segundo dixo de garantir o mantemento futuro da escola. Haberá iso si, que asumir decisións difíciles, ademais das corenta e catro prazas que haberá de menos, eliminaranse dúas especialidades canto e acordeón, debido o reducido número de alumnos 7 nun caso e 11 no outro. O que levará implícita unha redución do número de profesores, iso si, non se tocará o persoal fixo.

    Onde non haberá reducións é no apartado de Música e Movemento, o que abarca ós rapaces de entre catro e sete anos, por ser a aposta máis importante de futuro segundo a concelleira. Tamén fixo referencia Rocío Llovo ás obras para arranxar o edificio, que comezarán en pouco tempo

    Redacción Salnés