O maior xesto de xenerosidade política da comarca do Salnés, así definiu o presidente en funcións da Mancomunidade a decisión de Gonzalo Pita, ex alcalde de Sanxenxo, de romper o seu pacto de goberno con BNG e PSOE, e ceder a alcaldía o PP. Gonzalo Durán asegura que o acordo actual entre o concello de Sanxenxo e a Mancomunidade continuará intacto. Off. Gonzalo Durán, presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés, quixo valorar esta mañá os últimos cambios no goberno local de Sanxenxo, concello membro da entidade comarcal. Durán considera que a decisión de romper o pacto con BNG e PSOE, e asinar un novo acordo de goberno co partido popular cedendo a alcaldía a Telmo Martín, foi toda unha lección de xenerosidade política. Non opina o mesmo Durán sobre os xa ex socios de goberno de Pita. Desde o PSOE de Sanxenxo defenderan en rolda de prensa o pasado venres, que a deslealdade chegou por parte de Pita cando éste favorecera a continuidade do popular na presidencia en funcións da Mancomunidade, e non facilitando a investidura para a proposta de BNG y PSOE. O presidente en funcións quixo tamén respostar a isto . Gonzalo Durán asegurou que esta actitude é propia da esquera da provincia de Pontevedra, poñer o interés partidista por enriba cidadanía. O presidente en funcións da Mancomunidade afirmou tamén que o acordo entre o concello de Sanxenxo e a Mancomunidade manténse ta el como está, e Gonzalo Pita seguirá sendo como ata o de agora, delegado de Turismo da entidade provincial. A este respecto, Durán asegurou tamén que ata o momento Pita deixouse a pel nesta labor buscando sempre a creación de emprego e a mellora da calidade de vida dos cidadáns.
Inicio Salnés - Caldas