Entidades de Aguiño mobilizaranse pola ubicación da nova EDAR

    depuradoraaguino_100_210809.jpgRIBEIRA> Con esta protesta pretenden deixar clara, unha vez máis, a súa oposición á instalación dunha depuradora que recolla os residuos urbanos do municipio, nunha zona de gran valor medioambiental como é Couso.

    {flowplayer}barbanza/depuradoraaguino.flv{/flowplayer}

    Tras desbotar varias opcións, o anteproxecto da estación depuradora de Ribeira recolle dúas laternativas. A primeira, rexeitada pola confraría de pescadores de Aguiño e as diversas entidades con representación na parroquia, contempla a construción dunha única planta no lugar de Couso que recollería os residuos urbanos de todo o municipio. Os veciños opóñense frontalmente a esta opción polo importante dano medioambientel que supón, non só relativo á contaminación difusa que se produce a diario senón polo risco dos vertidos derivados de fallos puntuais da depuradoras. Ademais destacan a riqueza marisqueira desta zona, onde se emprazan bancos naturais de gran productividade, a tan só vinte metros de onde se pretende instalar o emisario.

    Mobilización

    Para expresar o seu rexeitamento a este proxecto, as distintas asociacións convocaron unha concentración que se celebrará o vindeiro sábado ás doce diante da casa consistorial de Ribeira. Na protesta, darán lectura a un manifesto explicando os motivos da súa oposición e propoñendo alternativas como a división en dúas plantas para que se reparta a recollida de residuos.

    Aínda así, consideran que a zona de Pinisqueira non é o lugar máis idóneo para este tipo de instalacións. Segundo, o patrón maior, a opción ideal sería a súa ubicación no medio da ría que permitiría o vaciado das augas en alta mar.

    Redacción Barbanza