Cañón responde a Arosa: ‘Nós sacaríamos os lectores de matrículas’

A ILLA> A polémica continúa na Illa sobre os lectores de matrícula. Logo de que o alcalde retase ao líder da oposición en Canal Rías Baixas a que aclarase a súa postura sobre esta medida, Matías Cañón asegura que se gobernase, retiraríaos. O concelleiro defende tomar medidas, especialmente nos meses de verán, para reordenar o tráfico no municipio, pero sempre buscando o consenso no pleno e escoitando a veciñanza e empresarios. Entre outras medidas, Cañón que que lle habería que dar unha volta á Castelao.

Esa pregunta lanzáballa aquí en Canal Rías Baixas o alcalde da Illa a Matías Cañón e este non tardou en recoller a luva. O rexedor socialista retaba a través dos nosos micrófonos a que a oposición aclarase a súa postura sobre os lectores de matrículas que dende hai seis meses controlan quen se mete pola zona residencial deseñada nunha parte do núcleo urbano insular. Cañón, resposde de forma tallante.

Tamén critican con que esta medida se aprobase por decreto. 

Defende tomar medidas, que sexan aprobadas no pleno. En especial, para os meses do verán.

Reclámalle ao alcalde que solucione os problemas que, di, lle está ocasionando aos empresarios da vila.

E ademais, propón o traslado da oficina de turismo ao Bao e non no concello para que os visitantes poidan informarse nada máis chegar á Arousa.