![]()
VILAGARCÍA> Así o anunicou o alcalde Tomás Fole. Aduce motivos de representatividade e actitude negativa.
{flowplayer}images/salnes/PlenoVilla_191212.flv{/flowplayer}
O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta dos puntos que se van tratar no vindeiro pleno da corporación, o día 26. Nel, destaca, a substitución do voceiro do BNG no consello portuario por un membro do grupo de goberno. Fole aducíu motivos de representatividade e de actitude negativa por parte dos nacionalistas.
Ata o de agora o concello de Vilagarcía estaba representado no consello do Porto por dous membros, un do PSOE e outro do BNG. O alcalde engadíu que aínda non está decidido o nome da persoa que substituirá a María Villaronga neste órgano.
Ademais deste, outro dos puntos importantes a tratar no pleno do día 26 será a aprobación das novas ordenanzas que entrarán en vigor o 1 de xaneiro e que afectan ós impostos que pagan os vilagarciáns. Fole lembrou que en varias delas, aqueles cidadáns que teñan menos ingresos, poderán optar a diversas bonificacións. Neste punto, o alcalde vilagarcián cargou contra o Partido Socialista, ó que acusou, xunto ós demais grupos da oposición, de dar plantón nas diferentes reunións celebradas pola comisión encargada de revisar e renovar estas ordenanzas.
No pleno do día 26, que ten caracter extraordinario para non ter que celebralo o último luns do mes, que sería o día 31, a oposición tamén levará varias mocións con respecto ó conflicto de Conservas Cuca, nas que se insta ó goberno local a tomar cartas no asunto.
Redaccion Salnés









