A protectora de Cambados celebra a súa terceira gala benéfica

    gala_cans100_240809.jpgCAMBADOS> A Protectora de Cambados premiou ós medios de comunicación pola divulgación do traballo realizado nos seus dez anos.

    {flowplayer}images/salnes/gala_cans.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> A Asociación Protectora de Animais de Cambados premiou ós medios de comunicación pola divulgación do traballo realizado durante os dez anos que cumpre a canceira.

    O sábado pola noite a protectora que preside Olga Costa celebrou a súa terceira gala benéfica O Salnés polos Animais. Entre os premiados estivo o programa A Xanela de Canal Rías Baixas, que durante oito meses reservou un espazo para a Protectora e que permitiu a adopción dos cans que trouxo Olga Costa.

    Amais dos medios, o colectivo tamén premiou a Cores Tourís polo seu apoio á Protectora, inda que recolleu o galardón o alcalde Luís Aragunde; e outro premio foi para o humorista Isi. Na gala tamén se entregaron os premios ós gañadores do concurso de debuxo e redacción, e agasallos ós que asistiron ós obradoiros impulsados polo Concello e a Protectora. A gala pechouse coa actuación do grupo Iguana Tango.

    Redacción Salnés