A reparación dos actos vandálicos sufridos terán un custo de preto de 15 mil euros para Ribadumia

RIBADUMIA> O concello de Ribadumia denuncia ante a garda civil unha serie de actos vandálicos na vila. Os vándalos realizaron ataques  en zonas públicas como os colexios e os parques infantís. A reparación dos danos oscilará entre os 10 e os 15 mil euros

Dende hai semanas o concello de Ribadumia está sufrir diferentes actos vandálicos por toda a vila. Os vándalas atacan a diferentes espazos públicos como escolas e parques infantís. Fartos de sufrir estes ataques, o concello denunciou os feitos ante a garda civil.

Os danos sufridos son numerosos e a súa reparación oscilará entre os 10 e os 15 mil euros.

O concello non detectou ningún roubo agás unha pequena piscina no Cra de Leiro. No Cra de Lois romperon a porta pero en principio non se votou en falta ningún material.

Dende o concello fan un chamamento aos vándalos a que deixen de cometer estes actos e coiden os bens públicos.

O concello xa traballa para reparar todos os danos sufridos, especialmente naquelas zonas que afectan ao máis pequenos. Agárdase que nas vindeiras semanas estará todo restaurado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí