Os vendedores do mercado volven ós mesmos postos de hai cinco anos

    votanmercador_100jpg.jpgO GROVE > Os feirantes do mercado de O Grove, volven a reubicarse no mesmo posto que ocupaban hai cinco anos, xunto a estatua do mariscador.

    Así o decidiron onte os o redor de oitenta titulares dos postos que preferiron esta opción á de facer un sorteo.

    As obras que están a facer na explanada do Corgo, obrigaron a concellaría de mercados a buscar unha nova localización para a celebración da feira que tódolos venres se celebraba na praza. O novo lugar elixido son as inmediacións da estatua do mariscador, o lugar onde xa se celebraba hai cinco ano o mercadiño. Pero o que tocaba decidir onte eran os postos que ían ocupar cada un dos vendedores con licenza. Había dúas opcións, a de reubicarse nos postos que ocupaban antes, ou a de facer un sorteo entre tódolos ambulantes.

    Na votación, que estivo dirixida pola edil de mercados, Victoria Canoura, gañou a opción dos máis veteranos, que prefirían voltar ós antigos postos. En total foron 51 votos a favor desta medida, fronte á dos 27 feirantes que preferían un sorteo. Para os seus defensores, unha medida máis xusta.

    O presidente da Acapag, José Manuel Liste, respaldou o desexo maioritario de reubicar os postos. Liste, tamén se lamentou onte da ausencia de moitos vendedores, xa que en O Grove son ó redor de 140. Aínda que non se chegou na votación a un consenso do 75 por cen, a opción maioritaria da reubiación foi a que se terminou por adoptar. Deste xeito, cada un dos vendedores foron explicándolle á edil de mercados cal era o seu anterior posto. Unhas indicacións das que a falta dun plano do anterior lugar do mercado, a nacionalista tivo que fiarse da palabra dos ambulantes.

    Para os vendedores que chegaron nos últimos cinco anos ao Grove, quedou a opción de elixir entre os postos que quedaron vacantes. Unha saída que pola que tamén puideron optar aqueles que non estiveran contentos co seu anterior posto.

    Redacción Salnés