Parque de Maquinaria e Deputación non chegan a acordo na súa reunión

PONTEVEDRA> Diferentes pareceres trala reunión dos traballadores de maquinaria co goberno da Deputación de Pontevedra. Mentres que dende a institución consideraron moi positiva a reunión, para os traballadores non se chegou ao acordo esperado. A Deputación comprometeuse a avaliar o novo modelo durante un mes e fixouse unha nova reunión para o 21 de xuño.

 

A mañá comezaba máis tranquila do que viña sendo habitual cada venres na Deputación de Pontevedra. Os traballadores do parque de maquinaria tiñan preparado un maio co que cantarlle á presidente e ao seu equipo como mostra do seu rexeitamento ao novo modelo organizativo do parque, pero preferiron non cantalo antes da reunión que se ía celebrar entre goberno da institución e representantes da plantilla. Unha reunión na que non participou a presidenta da Deputación e que non sentou ben aos traballadores que o cualificaron de espantada.

Segundo o seu representante sindical os traballadores ían a reunión con toda a vontade de acordo, pero trala reunión as versións son ben diferentes. Mentres que dende a deputación valoraron moi positivamente o encontro e comprometéronse a avaliar o novo modelo durante un mes para ver a súa eficacia, o representante do parque asegura que ese estudo non soluciona nada máis que en dilatar no tempo o acordo e encontran inflexible a postura da Deputación. Dende a Deputación anunciaron unha nova reunión para o 21 de xuño e dende os sindicatos informaron dunha nova concentración para o pleno do vindeiro venres e unha manifestación o seguinte sábado dende o Parque de Maquinaria ata a sede do BNG.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/reunion_parque_maquinaria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/reunion_parque_maquinaria.mp4{/flowplayer}