PONTEVEDRA> Mañá as 8 da tarde a Casa da Luz de Pontevedra abre as súas portas para acoller o Foro “Pontevedra ten un puntazo”. Un programa creado polas concellerías de Cultura e Promoción Económica co fin de apoiar e dar a coñecer ás empresas máis creativas da cidade.
Unha posta en valor da industria creativa cultural da cidade coa que pretenden unir ás empresas que operan neste ámbito, ser unha canle de diálogo entre esas empresas e as institucións, crear un catálogo onde poder facelas visibles ao cidadán e poder medir o seu impacto económico.
A Casa da Luz convértese así nun sitio de encontro onde as empresas tamén poderán amosar a súa liña de traballo e o seu modelo de negocio.
O Concello tamén porá a disposición das industrias culturais que así o desexen o seu espazo reservado no CULTURGAL.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/29/pontevedra_puntazo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/29/pontevedra_puntazo.mp4{/flowplayer}