Moreira despídese do concello de Pontevedra tras 11 anos de traballo na oposición

176

Pontevedra> Un pleno onde, tras once anos de concelleiro, Jacobo Moreira, presentou a súa renuncia. Un acto onde aproveitou para agradecer a todos os membros da corporación e especialmente aos do seu partido o cariño e respecto recibido durante todo este tempo. Moreira dixo que seguirá defendendo a súa cidade dende o hemiciclo galego e apelou ao “sentidiño” como ferramenta principal da política local.

Último pleno de Jacobo Moreira en Pontevedra. O ata o momento voceiro do Partido Popular na Boa Vila presentou esta mañá a súa renuncia tras 11 anos como concelleiro na capital de provincia. Moreira quixo agradecer o cariño e respecto recibido durante todo este tempo, incluso lle dou ás grazas ao alcalde, co que dixo que lles unía o amor pola cidade.

Moreira tamén quixo agradecer a confianza que atopou no seu partido e nos seus compañeiros en Pontevedra. E nesta intervención de despedida tamén pediu disculpas polos seus desacertos.

Moreira dixo que non era quen de dar consellos pero apelou ao sentidiño para o resto do mandato na cidade de Pontevedra.

O alcalde pola súa banda quixo enviarlle sorte na nova andaina e despedirse tamén do seu principal líder na oposición.

Moreira despediuse hoxe de todos os membros da corporación e dixo que dende o Parlamento Galego continuará apostando e defendendo os intereses de Pontevedra.