O Viajes Interrías cae no seu primeiro partido oficial

futbolsala250_250809.jpgSANXENXO> O Viajes Interrías non puido debutar con bo pé esta pasada fin de semana, no que foi o seu primeiro encontro oficial da temporada, correspondente á Copa Xunta. Caeu ante o seu gran rival do ano pasado na Primeira Nacional B, o Cesuras, por 2-5.

Notouse a falta de rodaxe dun Viajes Interrías que aínda anda na procura de varios xogadores para pechar o plantel deste ano. E os que están a penas realizaron un par de adestramentos xuntos polo que ó equipo fáltalle moito para poder semellarse ó que se verá durante a temporada, ou iso se quere pensar.

Os portonoveses tan só puideron aguantar ata mediada a primeira metade ante o Cesuras o Loureiro co que se medirán na terceira xornada ligueira e que demostrou estar máis acoplado a estas alturas de pretemporada.

Con Salgueiro debutando no banquiño local, o cadro naronés tirou de calidade e experiencia e resolveu o encontro en apenas seis minutos, os que van do 10 ó 16, e nos que acadaron catro goles por mediación de Alejandro, Víctor Prado, Pablo e Iván.

O Viajes Interrías intentou meterse no partido no tramo final da primeira metade e conseguírono despois dun gol de Alan que deixaba o 1-4 no electrónico ó descanso.

Tralo paso polos vestiarios, os de Baltar saltaron á cancha con moita máis agresividade, pero non lles servíu para remontar. Víctor Prado fixo o quinto para o Cesuras e Manolo poría o 2-5 final a pouco para o remate.

As opcións de seguir vivo nesta Copa Xunta redúcense. Da liguiña na que están inmersos tan só pasa un dos catro que forman o grupo. O seguinte rival será tamén outro conxunto que militará este ano na Primeira Nacional A, o Caloto.

Redacción Salnés