O Rasoeiro deixa escapar a victoria no derradeiro intre

SALNÉS> O Decubal Meaño continúa como líder da Segunda Autonómica despois der sacar adiante un partido complicado, na cancha do Pabellón de Ourense. O que non puido gañar foi o Rasoeiro, que empatou ante o Deza (22-22).

Sobráronlle os últimos cinco segundos de partido ó Rasoeiro na pista do Club Balonmán Deza. Os do Grove viron como na derradeira posesión o seu rival empataba un encontro (22-22) que tivera dominado durante case todo o partido.

E é que os de Óscar Arosa colleron moi cedo as primieras vantaxes no marcador que lles serviron para marcharse dominando ó descanso, deixando o electrónico en 11-14. Continuou a mesma tónica trala pausa ata que se chegou ó treito final. Nos últimos quince minutos o Rasoeiro sufríu un atasco monumental en ataque que permitíu ó seu rival achegarse no marcador ata igualar o partido sobre a bociña. Martín, con sete tantos e Borja, con seis, foron os máis destacados no cadro meco. Este resultado mantén sen embargo ó Rasoeiro na terceira posición da fase de permanencia con moitas opcións de salvar a categoría.

O que non deixou escapar a victoria foi o Decubal Meaño que afrontaba unha das visitas máis complicadas da temporada e que voltou cunha goleada a favor de escándalo. Os de Pedro Pérez visitabana a cancha do terceiro na xeral, o Pabellón Ourense e alí impuxéronse por doce goles de diferencia, 20-32.

A saída de vestiarios dos meañeses foi coma sempre determinante e en poucos minutos acadaron unhas rentas de ata oito goles. Un pequena reacción dos locais deixaría o marcador en 11-16 antes do descanso.

Foi un puro espellismo porque o Decubal sentenciou no inicio do segundo tempo cun parcial de 0-4 de saída. Co encontro decidido os dous equipos asumiron os seus papeis, a intensidade decaeu e o marcador final reflectiría un 20-32 a favor dos meañeses, que continúan líderes cun punto de vantaxe sobre o Conxo, o seu único perseguidor na táboa.

A semana que ven o cuarto na xeral, o Balonmán Moaña, visita o pavillón de Coirón.

Redacción Salnés