Arantxa Novo arruína o debut do Extrugasa na fase

extrugasa250_070510.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa non puido comezar cunha victoria a súa participación na fase de ascenso á Liga Femenina. As vilagarciáns caeron ante o UPV de San Sebastián por tan só un punto de diferencia, nun encontro no que as de Tito Díaz nunca estiveron cómodas e no que destacou a actuación dunha inspiradísima Arantxa Novo.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_070510.flv{/flowplayer} 

Unha ex xogadora do Extrugasa, Arantxa Novo, foi a gran protagonista do encontro que pechaba a primeira xornada da fase de ascenso. A base ferrolán foi a artífice da victoria do seu equipo (66-67), non só polos 30 puntos, 7 rebotes e 3 asistencias que fixo, senón porque dominou sempre o ritmo de partido. Entre ela e a pìvot Sarr volveron tolo a un Extrugasa que non entrou no partido ata o segundo cuarto, de feito encaixaron 27 puntos nos primeiros dez minutos, o peor rexistro de toda a temporada.  Con todo, as vilagarciáns mantiñan as diferencias en torno ós oito puntos.

O segundo cuarto mellorou, e grazas á defensa en zona e a uns bos minutos sobre o parqué de Arancha Mallou empataron o encontro para irse ó descanso 38-38 no marcador.

Pero a reanudación foi un calco dos primeiros minutos. Novo en plan estelar, atasco en ataque do Extrugasa e outra vez a remar. As perdas de balón foron un lastre durante todo o partido pero nos derradeiros minutos minimizárono, e aínda que non estiveron moi finas no lanzamento, o gran esforzo colectivo feito á hora de rebotear concedeulles segundas oportunidades que lles puxeron por diante a un minuto para o final.

Con 66-63 a favor do Extrugasa a victoria semellaba que non ía escapar, pero un triple dunha actriz secundaria como Mallabiabarrena, empatou o partido.

Ahí volveu a pesar a responsabilidade. O Extrugasa non foi quen de lanzar a canastra en condicións e sí concedeu uns lanzamentos libres a Oumul Sarr, dos que anotou un para dárllela victoria ó Universidad del País Vasco. Na última acción Ylenia non puido acertar baixo aro.

Hoxe ás 20:30 Sant Adriá – Extrugasa. As de Tito Díaz non poden errar se é que queren seguir tendo opcións de ascenso.

Redacción Salnés