![]()
PONTEVEDRA> Esta noite a partires das 22:45 horas Canalriasbaixas ofrécelles o encontro entre as seleccións de España e Rumanía correspondente á cuarta xornada da Liga Mundial. O partido celébrase no complexo pontevedrés Rías do Sur, no que será o primeiro dunha serie de tres encontros que aquí disputará o combinado nacional.
{flowplayer}images/salnes/waterpolo_220210.flv{/flowplayer}
Todo listo para que dé comezo o espectáculo do waterpolo en Pontevedra. Onte á tarde as dúas seleccións adestráronse na piscina olímpica do complexo deportivo Rías do Sur, lugar onde esta noite se celebra o encontro.
O partido corresponde á cuarta xornada da Liga Mundial no seu grupo C. España está encadrada ademais con Serbia, que lle privou do título de campiona do mundo o ano pasado en Roma, e Turquía, e precisa da victoria ante Rumanía para ter opcións de clasificación. No partido de ida perderon por 9-7 polo que non o terán sinxelo.
Este evento de primeiro nivel chega a Pontevedra logo dunha estreita colaboración entre a Fundación Rías do Sur, Concello, Deputación e Federacións Galega e Española de Natación. Por iso os prezos de entrada serán populares; o abono para este partido, mailo de marzo ante Turquía e o de abril fronte Serbia, situarase en torno ós 15 euros.
As seleccións foron recibidas a última hora da tarde de onte polo alcalde pontevedrés Miguel Anxo Fernández Lores, antes de lanzarse á piscina a ultimar detalles do partido que esta canle emitiralles a partires das 22:45 horas.
Redacción Salnés





