O ministro de Fomento visita as obras financiadas con cargo ó Plan E

    joseblancoilla_100_260809.jpgA ILLA> José Blanco salientou que o estado investiu máis de 865.000 euros na execución de distintas actuacións no concello.

    {flowplayer}images/salnes/jose_blanco_illa.flv{/flowplayer}

    O Ministro de Fomento, José Blanco, visitou esta mañá algunhas das obras que se realizaron na Illa de Arousa grazas ó Plan E. Tras firmar no libro de Honra do concello, José Blanco, sinalou a súa satisfacción de poder estar nun lugar no que, como el mesmo sinalou, se sente como un veciño máis.

    O alcalde, Manuel Vázquez, declarou a importancia que supón para municipios como a Illa o plan de estímulo económico. Neste concello investíronse, por medio desta iniciativa, máis de 865.000 euros que axudaron á realización de diferentes obras. Segundo Manuel Vázquez, o papel do estado e das administracións é fundamental para a dinamización das economías nestes momentos de crise. Pediu ó ministro de fomento que se sigan a desenvolver propostas que axuden á mellora de pequenos municipios como é o que goberna.

    Pola súa banda, José Blanco, quixo resaltar o papel positivo que está a cumprir o Plan E, onde só en Galicia xa se investiron 500 millóns de euros. Sinalou a importancia do mesmo a nivel de modernización de infraestruturas e da creación de actividade económica, pero tamén como xerador de emprego.

    Xa por último, o ministro de fomento adiantou que o decreto para o próximo Plan E publicarase antes de que remate o mes de setembro. Logo das declaracións ofrecidas, o alcaldes e José Blanco percorreron as diferentes rúas pavimentadas co diñeiro facilitado por esta iniciativa.

    Redacción Salnés