A EDAR de Ribadumia será xestionada pola Xunta

    PONTEVEDRA> Esta mañá formalizouse en Pontevedra a cesión de explotación das Estacións Depuradoras de Aguas de Ribadumia e Pontecandelas. Mediante este acordo, a Consellería de Medio Ambiente asume a xestión que non a titularidade das mesmas durante o vindeiro cuatrienio, un prazo prorrogable.

    A Estación Depuradora de Augas Residuais de Ribadumia, que sanea a auga dos Concellos de Ribadumia, Cambados e Vilanova e dos seus polígonos industriais pasa a ser xestionada pola Xunta de Galicia. Tralo visto bó por parte do Consello da Xunta do pasado xoves, agora será o organismo autonómico o que asuma a súa xestión, malia que segue a ser titularidade da Mancomunidade do Salnés. A Mancomunidade do Salnés e o Goberno Galego pretenden así acadar unha maior eficacia e eficiencia destas instalacións mediante a chamada economía de escala, ó poder agrupara a contratación de diferentes depuradoras nunha única concesión. Con esta actuación, desde os Concellos do Salnés salientan que se atopa saneado todo o Río Umia desde a súa desembocadura ata Portas, río arriba. De agora en diante, a Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia asumirá a explotación desta EDAR durante os vindeiros catro anos, que poderían prorrogarse de continuar a existir conformidade entre ámbalas dúas partes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/ convenio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/convenio_edar_ribadumia.mp4{/flowplayer}