RIBEIRA> Así llelo comunicou a presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez, ó alcalde e ó patrón maior de Aguiño nunha xuntanza celebrada en Santiago.
Segundo explicou a titular do ente autonómico, xa se iniciou a tramitación do estudio de impacto ambiental que contará coa correspondente información pública e solicitude de informe ós diferentes organismos vinculantes.
Preservación medio natural
Consciente da preocupación existente no seo da confraría de pescadores de Aguiño e Carreira, Ethel Vázquez comprometeuse a prestar especial atención ó sector pesqueiro e marisqueiro neste trámite de impacto ambiental que ten por obxectivo garantir a preservación do medio natural.
{flowplayer}barbanza/reuniondepuradoraribeira.flv{/flowplayer}
Dende o pósito agardan que este estudo rexeite a zona da Pinisqueira como lugar axeitado para a depuración, debido á riqueza produtiva da zona e a súa proximadade a espazos protexidos.
Durante a xuntanza tamén se abordaron as características técnicas da obra, entre elas o funcionamento dos colectores xerais coa estación de bombeo e o tanque de tormentas. A intención da Consellería de Medio Ambiente é manter o diálogo con tódolos colectivos afectados e dotar a todo o proceso de construción da nova depuradora da maior transparencias posible. Sen embargo, o proxecto segue a espertar o rexeitamento da maior parte dos colectivos da parroquia de Aguiño, onde está previsto o seu emprazamento.
Concentración de protesta
Consideran que os riscos ambientais e económicos de instalar unha planta que recolla as augas residuais de todo o municipio son moi elevados. Por isto, reclaman que se constrúan dúas prantas: unha que asuma a depuración de Carreira, Aguiño e Castiñeiras e outra para Ribeira e Palmeira. Proposta que a presidenta de Augas de Galicia comprometeuse a estudar, en virtude dos resultados dos estudos que se leven a cabo.
Tras esta primeira toma de contacto con Augas de Galicia, os colectivos afectados manterán mañá un encontro coa Conselleira do Mar para plantexarlle a existencia de informes erróneos, elaborados pola anterior Consellería de Pesca. Neles non figuran os bancos naturais situados a tan só uns metros de onde está previsto instalar o emisario.
A pesar dos avances que perfilan tras estas reunións, os sectores afecatados protagonizarán unha concentración de protesta este sábado a mediodía na praza do concello.
Redacción Barbanza