Os nenos de Caldas plantan árbores no Monte de San Clemente

    diaforestal100.jpgCALDAS> O Concello de Caldas de Reis celebra a Semana Forestal facendo a habitual plantación de árbores.

    {flowplayer}images/salnes/dia_forestal.flv{/flowplayer}

    CALDAS> O Concello de Caldas de Reis celebra a Semana Forestal facendo a habitual plantación de árbores. Nesta ocasión foi no Monte de San Clemente e, como cada ano, 300 nenos e nenas de tódolos colexios caldenses, participaron na plantación xunto a representantes de tódolos partidos políticos do concello.

    Moito sol e pouco frío, un clima estupendo para acompañar aos mais de trescentos nenos e nenas de colexios caldenses que participaban esta mañá na oitava edición do Día da árbore, celebrada polo concello, e ca colaboración da Xunta. Despois destes anos, xa se plantaron dez mil cincocentas árbores no concello.

    A Consellería de Medio Rural colabora na parte técnica desta celebración e mais aportando as árbores. O traballo conxunto de concello e Xunta fai posible tanto a parte práctica que é a plantación, como a teórica, que consiste en concienciar aos mais peques, da importancia de conservar a protexer a natureza. Amais, tamén a Comunidade de Montes San Clemente, colaborou cedendo a parcela onde se efectuou a plantación.

    Redacción Salnés