As forzas de seguridade reforzaranse ao máximo para velar pola seguridade nas festas de San Roque

VILAGARCÍA> Vilagarcía reforzarase para as súas festas de San Roque. A subdelegación do goberno anunciou que tanto a garda civil como a policía nacional reforzarán os seus equipos na vila para velar pola seguridade. Ademais tamén se incrementarán os controis de acoleima, instalarase un hospital de campaña e tamén un punto morado contra as agresións machistas.

Vilagarcía recupera as súas festas de San Roque e o fai con previsións dunha gran afluencia de visitantes. Concello, subdelgación do goberno e forzas de seguridade mantiveron este venres a xunta local de seguridade para establecer as medidas a tomar para evitar calquera incidencia. Durante as festas, e especialmente o día do auga e o dos fogos, o corpos da Garda Civil e das policías local e nacional verán aumentados os seus efectivos.

Este reforzo da seguridade tamén se verá nas estradas. Os controis de drogas e alcolemia aumentaranse nesas datas.

Ante a previsión dunha gran afluencia de visitantes e falta de reforzo dos centro sanitarios, o concello tamén creará un hospital de campaña.

O concello tamén instalará na zona Tir o punto morado. Un lugar seguro con técnicos especializados para atender a calquera persoa que se sinta vulnerable ou que sufra calquera tipo de agresión machista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí