O Arousa presenta a Guía de Actividades Empresariais

arousa250_270809.jpgVILAGARCÍA> O Presidente do Arousa, José Manuel Gómez, presentou esta mañá xunto ó vicepresidente da deputación de Pontevedra José Juan Durán, a Guía de Actividades Empresariales, un libro no que se pode atopar unha longa lista dos comercios e negocios que traballan en Vilagarcía e comarca. Unha iniciativa que pretende servir de importante apoio económico para as maltrechas arcas do club.

{flowplayer}images/salnes/Guiaarousa_270809.flv{/flowplayer} 

Xa se pode coller, tocar e ollar a tan ansiada, traballada e necesitada Gúia de Actividades Empresariais promovida polo Arousa. A agónica situación económica pola que atravesa o club vilagarcián nos últimos anos fixo que os seus dirixentes agudizaran o inxenio para sacar cartos de onde non os había e así comezar a pagar esas débedas que lle apretan o pescozo.

Os custos da Guía correron a cargo da Deputación de Pontevedra, que se encargou dos gastos de impresión, e do Porto de Vilagarcía, que pagou a maquetación. Polo tanto todo o que sacará o Arousa será beneficio, chegado da publicidade e das diferentes doazóns que queiran facer os preto de 2.000 negocios que aparecen na lista. Aporten ou non, todos eles recibirán a guía de xeito gratuito.

A tirada foi de 2.020 exemplares. Agora comezará o verdadeiro traballo, percorrendo negocio por negocio e empresa por empresa en busca dunha axuda, que aínda que sexa pequena, será de vital importancia para un Arousa que pretende deste xeito, comezar a rexurdir das súas cinzas.

Redacción Salnés