A Festa do Poldro cita a tódolos afeccionados á cultura cabalar

    cabalo100.jpgMEIS> Esta fin de semana terá lugar a Festa do Poldro en Armenteira, organizada pola asociación de criadores de cabalos do Monte Castrove.

    A cría de cabalos en liberdade é unha práctica centenaria en Galicia, que está a caer no desuso, nos últimos anos. No monte Castrove consérvase unha asociación de criadores de cabalos, formada por 40 socios, que se encargan de preservar a especie cabalar galega, representada neste caso por 250 cabalos que viven en liberdade neste paraxe, entre a Ría de Arousa e a de Pontevedra. A asociación cabalar do monte Castrove organiza cada ano a Festa do Poldro. Un evento no que se baixan ós cabalos do monte para marcalos e para a venda de crías. 

    O sábado comezan os actos coa xuntanza dos cabalos no pastizal. Pola tarde baixaranse as reses para proceder coa monta americana. O domingo pola tarde terá lugar a marca dos animais, a venda dos poldros e a rapa. Son moitos os afeccionados que se dan cita en Castrove o último fin de semana de agosto para admirar as excelencias destas reses e para mercar un poltro, para o consumo.

    Por 100 euros pódese mercar un poldro para o consumo ou para a vivenda, no caso dos que lle gusten estes animais. Outra posibilidade é facerse socio do colectivo cabalar.

    Redacción Salnés