Pablo Dapena, un triatleta sen límites

PONTEVEDRA> A Asociación Amigos de Pontevedra está a piques de celebrar o seu tradicional xantar. Neste encontro serán homenaxeadas 6 persoas e 1 colectivo. Na lista dos premiados destacan dous deportistas, un é o triatleta, Pablo Dapena.

O de Pablo Dapena non se sabe se foi cousa dunha casualidade o do destino. O que está claro é que o que comezou como unha recomendación médica acabou converténdose na súa profesión. Con tan só 3 anos, un médico recomendoulle apuntarse á piscina para curar o asma. O que seguro que non sabía ese doutor era o que acabaría conseguindo Dapena.

Tras 9 anos competindo ao máximo nivel, Pablo Dapena está no seu mellor momento. En 2018 proclamouse campión do mundo en Dinamarca e fai uns meses conseguiu a medalla de prata no Europeo celebrado en Pontevedra. Unha data que o triatleta recorda con moito cariño.

Cunha carreira profesional en liña ascendente e sen poñerse límites, Pablo Dapena continúa adestrando día a día na súa cidade para prepararse para os seguintes retos. Porque Dapena parece que cumprirá co refrán de que “o ser humano é o único animal capaz de tropezar dúas veces coa mesma pedra”.

Con esta traxectoria, Dapena terá que facer espazo na súa galería de premios e deixar un oco para o que recibirá mañá.

O pasado 4 de maio Pablo sentiu o cariño e o apoio de toda Pontevedra e mañá o o volverá a sentir porque, con méritos propios, Dapena é, a día de hoxe, un referente do triatlón español.