RIBADUMIA> Club Náutico O Muíño e Asociación Herminio Barreiro de Ribadumia reeditan o próximo 28 de decembro o Duatlón Cross. Será a terceira edición dunha proba que se vai consolidando e que apunta a bater nesta ocasión récord de participación. A saída do circuíto galego, a volta ó trazado da primeira edición e os premios en metálico figuran como principais novidades. Segunda proba de duatlón que Ribadumia acolle nun ano, xa que a segunda edición do Duatlón Cross tivo lugar en xaneiro. Por cuestións de organización a terceira convocatoria chega este 28 de decembro coa intención de bater récord de participantes. Xa van 130 inscritos, e agardan chegar ós 150. Entre as principais novidades desta convocatoria: a saída da Federación Galega. Din os promotores que deste xeito gañaron en organización e tamén lles permitiu entregar por vez primeira premios económicos ós vencedores: serán 300 euros para o vencedor da categoría absoluta, 150 para o segundo e 100 para o clasificado en terceiro posto. No tocante ó percorrido, vólvese ó trazado da primeira edición, e apuntan que estará sinalizado nun 90 por cento do camiño, un atractivo máis para os participantes. As categorías da proba, tanto en masculino como en feminino, serán senior, veteranos e xuvenís. Entre os participantes xa está confirmada a asistencia do gañador da última edición, o triatleta Brais Misa. Aqueles que aínda se queiran inscribir, saiban que o deberán facer a través da web de championchipnorte. O custe é de 15 euros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/19/DUATLONRIBADUMIA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/19/DUATLON_RIBADUMIA.mp4{/flowplayer}
Inicio Deportes