A venda das parcelas do polígono de Baión marcha a bo ritmo

    poligonobaion_100_280809.jpgVILANOVA> Así o asegura o alcalde Gonzalo Durán, que engade que xa está en fase de negociación a adquisición da metade dos terreos .

    {flowplayer}images/salnes/poligono_baion280809.flv{/flowplayer}

    O 50% das parcelas do polígono de Baión, en Vilanova, encóntranse en fase de negociación. Así o fixo saber o seu alcalde, Gonzalo Durán, xunto ó concelleiro de Industria, Javier Tourís. Tras unha recente visita realizada a Santiago para supervisar as vendas das parecelas, o alcalde de Vilanova considera que o proceso se encontra en bo camiño tendo en conta o momento de crise que estamos atravesando.

    Gonzalo Durán declarou que a meirande parte dos trámites encóntranse en fase de negociación, posto que os posibles compradores vense condicionados ás axudas e créditos que poidan acadar. Tamén, na comisión de goberno celebrada o pasado martes, aprobouse a reparcelación do polígono, que constitúe un dos últimos pasos para a entrega do mesmo. O alcalde sinalou que só quedan algunhas obras de carácter interno por realizar na zona como é o alumeado.

    Desde o concello pediuse unha mellor xestión ó ente Suelo Empresarial del Atlántico en canto a publicidade do polígono, onde consideran que esta só foi positiva no ámbito máis próximo. Tamén, o concello levará a cabo a xestión para a concesión de axudas ás empresas, para isto porase en contacto co IGAPE e facilitará a tramitación, sobre todo, de pequenas empresas que conten cun proxecto que chegue ós 600.000 euros.

    Redacción Salnés