Canal Rías Baixas recibe a visita de 18 escolares de Santiago

    VISITA_JUNIORS_100 copia.jpgRIBADUMIA> Os cativos, de 3 a 5 anos, ficaron sorprendidos probando os micrófonos, as cámaras e vendo a súa imaxe nas pantallas de televisión.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_NENOS_CANALRIASBAIXAS.flv{/flowplayer}

    En torno ás once e cuarto chegaban os cativos do Colexio Juniors a bordo do autobús escolar. As súas mestras contáronlles que ían coñecer como funciona unha televisión por dentro, pero o que menos podían imaxinar é que as persoas e bonecos que ven desde as súas casas nas pantallas non están dentro desa caixiña á que chaman televisor. Entender os aparellos electrónicos non tocaba. Hoxe era día para coller o micro e chamar polos seus ídolos animados.

    Tamén houbo quen se descubriu como todo un xornalista deportivo en potencia, relatando unha completa crónica sobre o último Barcelona-Madrid.

    Maquillaxe, realización, as zonas de redacción e motaxe… unha a unha os nenos foron percorrendo tódalas estancias do edificio, aínda que sen dúbida, onde se sentiron coma peixe na auga foi no plató de informativos. Desde alí convidáronnos a asistir ó seu festival de Nadal, e antes de marchar, un saúdo para mamá, papá e tódolos compañeiros de Canal Rías Baixas

    Redacción Salnés