Durán pide ó Consorcio que lle facilite as contas dos últimos 5 anos

    GONZALO_CONSORCIOcopy.jpgVILANOVA> O fin último é, segundo o alcalde, facer unha investigación de como están a xestionar o diñeiro da asociación.

    {flowplayer}images/salnes/GONZALO_RESPONDE_CONSORCIO.flv{/flowplayer}

    Onte o Consorcio de Comercio do Salnés confesaba que non descartaba presentar un contencioso administrativo contra o proxecto do centro comercial de San Miguel de Deiro en Vilanova. E hoxe o alcalde de Vilanova respondía a estas palabras e transmitía unha mensaxe de tranquilidade xa que tódolos informes son favorables e só sería, di, unha perda de tempo. Pídelle a Marcos González que aclare con que cartos pagarían o preito.

    A este respecto solicitoulle ó Consorcio as contas dos últimos cinco anos para facer unha investigación de cómo se está a xestionar o diñeiro da asociación.

    A este malestar, Durán engadiu que non só o Consorcio está en contra, tal e coma el o define, da creación de máis de 400 postos de traballo senón tamén O BNG e o Partido socialista. Informou que antes de reis poderían contar xa coa licenza de construción.

    Redacción Salnés