A ILLA> 12 alumnos do curso de manexo de drons do Obradoiro de Emprego da Mancomunidade de Salnés serán contratados por empresas do sector. Os participantes traballarán para compañías de aéreoxeneradores e de vixilancia de bateas. O seu contrato será en prácticas pero, os alumnos teñen a referencia de compañeiros da edición anterior que aínda continúan nas empresas.
Un dos piares da formación do obradoiro de Emprego da Mancomunidade do Salnés son as novas tecnoloxías. Dentro de este eido, un dos cursos máis demandados por empresas é alumnos é o de manexo de drons en altura e subacuáticos. Nesta edición participaron 16 alumnos, dos cales 12 incorporaranse a empresas do sector.
Os alumnos recibiron clases teóricas e practicas, na última das sesións demostraron os seus coñecementos e destrezas.
Os alumnos destacan as posibilidades laborais que lles abre a realización deste curso.
Na clases prácticas, os participantes contaron coas explicacións de alumnos da pasada edición que se manteñen nas empresas nas que fixeron as prácticas. As súas tarefas son moi demandados en traballos tradicionais como a vixilancia das bateas.
De feito, no último ano, grazas a vixilancia de bateas cos drones xa se detectaron máis de 10 infraccións. O alumnado comezará as prácticas no mes de Xaneiro e a súa duración será de 4 semanas.