Mecos e Amegrove xóganse o seu acceso ó playoff

traias250_280809.jpgSALNÉS> Este domingo finaliza a Liga Galega de Traíñas coa celebración da XVII Bandeira Concello de Vigo, que dará comezo no porto olívico ás 11:30 horas.

Interesantísima regata, porque agás a primeira posición, xa que salvo catástrofe será campión Cabo de Cruz, os primeiros postos están todos por decidir.

Parte con vantaxe Náutico de Vigo, pero mínima xa que a un punto sitúase Chapela, a dous Mecos, e a catro Perillo. Ademais, por detrás Amegrove puntuará dobre nesta bandeira e podería aspirar ó subcampionato.

Con todo, e ante a renuncia de Cabo de Cruz ó playoff de ascenso, a loita será terrible por esa segunda e terceira posición que permitirían a día de hoxe remar polo ascenso á ACT.

Ó finalizar esta derradeira regata entragaráselle a Bandeira Xunta de Galicia ó vencedor, un acto no que estará presente o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete.

Redacción Salnés